У нас вы можете посмотреть бесплатно Ourense precisa de ti.18 N или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
emerxe o noso amor e por iso emitimos sos ourense somos sociedade, somos cultura, somos medio ambiente emerxe o noso amor pola nosa cidade e di abonda. chega. basta de trangalladas. mais vai de frente cara o que ten que ir, cara o corazón da nosa cidade, ourense. non se pode amar a cidade e consentir tanta vergoña. a vergoña é esta desfeita con nomes e apelidos que parasita os nosos órganos de goberno e que só se fía do propio embigo. queres a cidade pois implícate, comprométete, fai o que poidas. iso é o amor. non a especulación urbanística nin o clientelismo. non a expropiación do espazo público nin a comenencia de catro espabilados. machacar as termas públicas, os centros cívicos, os locais de ensaio, a casa da xuventude e a universidade popular, o auditorio e o museo municipais, o patrimonio e tantas outras realidades machacadas, é machacar a comunidade. mais machacar a comunidade ten un prezo. o prezo do noso amor. o voto pódese mercar. o amor non. o voto mercado marcha, deixa a cidade, a provincia, o país. o amor non. o amor pola cidade é pensar nela coidala, achegarlle o mellor de nós, non o peor. o amor é darlle traballo á xente nova darlle experiencia de vida, expectativas e toda a festa necesaria. é coidar dos maiores e integrar xente diferente. é ter lucidez e deixarse guiar pola intelixencia para saber vivir. aquí. en ourense. no voto mandan moitos. no amor non manda ninguén. non te inmobilices. non deixes que a incompetencia decida por ti. ourense precisa de nós. o noso amor emerxe e por iso berra sos ourense.