У нас вы можете посмотреть бесплатно Menos dunha semana para celebrar a V Carreira da Ostra или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O Alcalde de Soutomaior xunto ó Delegado de Deportes presentaron a V carreira da Ostra que se celebrará o domingo 25 de marzo, unha semana antes da celebración da festa gastronómica que dá nome á carreira. Será un percorrido de 6.000 m con saída e chegada ao Peirao de Arcade. A inscrición xa se pode realizar a través de www.croonotec.es é de 5€ para o público xeral e gratuíta para todos os participantes empadroados no Concello de Soutomaior. Xa está aberta tanto para atletas federados como non federados, e persoas de todas as idades. Pódense formalizar ata o 21 de marzo. Os menores e os empadroados no Concello deben realizar a súa inscrición no Pavillón Municipal en horario de tarde ou ben por correo en deportes@soutomaior.com. O Alcalde, Agustín Reguera, anima a todos a participar nesta carreira popular tanto con afán competitivo como con afán lúdico e recreativo xa que a carreira está pensada para participar das dúas maneiras. Así mesmo anima aos máis novos, desde a categoría chupete(de 0 a 5 anos) pasando polas categorías pitufos, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, a practicar deporte de maneira recreativa e de convivencia. Todos os participantes nas categorías inferiores levarán un recordo da súa participación na V carreira da ostra xa que nestas categorías non terá carácter competitivo.