У нас вы можете посмотреть бесплатно A longa travesía do celtista... {Loubanza ós ETERNOS} или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Hd-720p para unha calidade un chisco mellor. Porque nós SEMPRE tentaremos recompoñerte. http://elbisturidekarpinha.blogspot.c... ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Por eses que non preguntan por qué, os que non entenden de categorías, os que non devalúan o seu sentir na derrota... Polos que só pensan en facer iso, recompoñer ó noso Celta cando as cousas veñen de nalgas. Por eles, por vós, por ti... O 3 de xuño de 2012 Borja Oubiña, o noso capitán, recordaba ós 7.000 de sempre. Eu non lle vou a poñer cifra a esta homenaxe. É sinxelamente para todo aquél que vexa esta nadería e sinta coma eu sinto. Coma sentín estes anos. Nos momento máis duros ou nos más doces. Oxalá tivera moito máis material para incluir a todos os que tanto fixeron ao longo deste traxecto por devolver ó Celta á máxima categoría. Aquí só aparece unha pequena mostra con Eusebio, López Garai, Michu, Trashorras, Murillo... xogadores cos que, se ben é certo que non acadamos o ascenso, sí que fixeron por endereitar a situación do equipo respecto a tempadas anteriores. En definitiva, por ese pequeno lóstrego que dirixe a nosa paixón e recibe o nome de Real Club Celta de Vigo. Ése que precisamos recompoñer cando a vida o maltrata, porque iso é o que nos define. Somos os puntais dun barco que, en ocasións, zozobra. Mais sempre recupera o rumbo para continuar nesta travesía que nos une a el. SEMPRE CELTA. NOTA: Ao final quixen deixar unha pequena mostra de ánimo a Samuel Llorca xa que éste é o primeiro vídeo de equipo que subo desde a súa lesión. ¡Ánimo Samu! Imaxes propiedade de Mediapro | GolT | Canal+ Música: Fix you - Coldplay Vídeo sen ánimo de lucro. Todas as imaxes e música empregadas son propiedade dos seus respectivos e lexítimos donos e foron empregadas por mero entretemento.