У нас вы можете посмотреть бесплатно Pleno ordinario de decembro (18/12/2025) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Orde do día: 1.- Aprobación das actas correspondentes á sesión ordinaria de data 27 de novembro e á sesión extraordinaria de data 10 de decembro de 2025. 2.- Levantamento do reparo formulado pola Intervención Xeral no seu informe número 1875/2025 para o pagamento das gratificacións dos servizos de Policía Local e Extinción de Incendios e Salvamento dos meses de xuño a outubro do ano 2025, festividade do mes de outubro do ano 2025 e pagamento das gratificacións do persoal de Administración Xeral dos meses de xaneiro a outubro do ano 2025. 3.- Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413 e contabilizados como OPA a 31.12.2024, e outros gastos, coa codificación 2025-REC-04. 4.- Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413 e contabilizados como OPA a 31.12.2024, e outros gastos, coa codificación 2025-REC-05. 5.- Derrogación da actual ordenanza fiscal 3.16, acordo de imposición e aprobación da nova ordenanza fiscal 3.16 reguladora da taxa por prestación dos servizos de recollida, transporte e tratamento dos residuos municipais; e modificación da ordenanza xeral 0.00 de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público. 6.- Proposición presentada pola concelleira non adscrita dona Milagros Castro Sánchez para a creación urxente da Comisión municipal de seguimento da taxa turística. 7.- Proposición presentada polo grupo municipal PSdeG-PSOE sobre as graves deficiencias de accesibilidade, infraestrutura e recursos no CPEE A Barcia. 8.- Proposición presentada polo grupo municipal PP para axilizar e coñecer a situación actual do novo contrato de transporte público. 9.- Proposición presentada pola concelleira non adscrita dona Mercedes Rosón Ferreiro en defensa dun modelo universitario cohesionado e de calidade para a docencia de Medicina en Galicia. 10.- Proposición presentada polo grupo municipal PP para a reincorporación inmediata do voluntariado do Refuxio de Animais de Bando e de cumprimento dos acordos adoptados no Pleno Municipal. 11.- Tomar coñecemento da elevación a aprobación definitiva da modificación das ordenanzas reguladoras de ingresos públicos 0.00-1.01-1.02-1.04-1.05-3.09-3.25. 12.- Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellerías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local. 13.- Rogos, preguntas e interpelacións. Rogos: 1. Presentado polo concelleiro non adscrito don Gonzalo Muíños Sánchez para o acondicionamento do aparcadoiro en superficie de Santa Marta. 2. Presentado pola concelleira non adscrita dona Milagros Castro Sánchez para a limpeza e acondicionamento da rúa das Trompas. 3. Presentado polo grupo municipal PSdeG-PSOE relativo ao deficiente estado do parque infantil sito na praza Marcial Villamor Varela. 4. Presentado polo grupo municipal PSdeG-PSOE relativo ao estado do parque situado tras o local social da Gracia. 5. Presentado polo grupo municipal PSdeG-PSOE relativo á necesidade dun paso de peóns elevado na avenida de Xoán XXIII. Preguntas de resposta oral: 1. Presentada pola concelleira non adscrita dona Mercedes Rosón Ferreiro relativa á adxudicación do Lote 3 do “Servizo de Centros Socioculturais”. 2. Presentada pola concelleira non adscrita dona Marta Álvarez Vázquez sobre as actuación comprometidas para a mellora da mobilidade e accesibilidade no barrio da Almáciga. 3. Presentada polo concelleiro non adscrito don Gonzalo Muíños Sánchez sobre o proceso de reclasificación dos postos de bombeiro. 4. Presentada polo grupo municipal PSdeG-PSOE relativa á concesión demanial da parcela do Biopolo da Sionlla. 5. Presentada polo grupo municipal PSdeG-PSOE sobre a finalización das obras do Pavillón de Santa Isabel. 6. Presentada polo grupo municipal PP en relación á rehabilitación do Viveiro municipal de Lamas de Abade. 7. Presentada polo grupo municipal PP sobre o incumprimento do acordo plenario de abril relativo ao Plan Municipal de Mocidade. 8. Presentada polo grupo municipal PP sobre a situación das hortas urbanas. 14.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais e concelleiro e concelleiras non adscritas: 1.- Presentada polo grupo municipal PP de apoio ás persoas diagnosticadas de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). 2.- Presentada polo grupo municipal PP para que o concello habilite un local no Estadio Vero Boquete de San Lázaro para uso do Club Triatlón Compostela. 3.- Presentada polo grupo municipal PP para realizar melloras na zona de Angrois. 4.- Presentada polo grupo municipal PP para solicitar a habilitación dun acceso puntual para vehículos de emerxencia no Colexio Compañía de María.