У нас вы можете посмотреть бесплатно Faustino Santalices - Cantar de romería или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Faustino Santalices (Bande, 16 de novembro de 1877- Madrid, 6 de decembro de 1960) foi un gaiteiro galego e o investigador máis importante de zanfona na primeira metade do século XX. Estudou Dereito en Santiago, onde coñeceu a Ramón Cabanillas. Despois de licenciarse, ingresou no Ministerio da Gobernación e foi destinado a Soria, onde viviu ata 1914 antes de regresar a Ourense. En 1918 casou con Rosa Muñiz, que o acompañou nas súas actuacións e grabacións. En 1924 foi nomeado Secretario do Goberno Civil de Ourense. Faustino escoitoulle tocar a zanfona a un cego cando neno e ficou prendado dela. Mais durante o último terzo do século XIX este instrumento estaba en vías de desaparición mesmo no ámbito popular e apenas podía verse nalgunha romaxe. Faustino colaborou co folclorista Casto Sampedro y Folgar, apontándolle os seus coñecementos. En 1922 comezou a colaborar como gaiteiro no coro ourensán De Ruada e logo con Os Enxebres. No 1927 gravou dúas pezas coa zanfona. Durante os anos da guerra construiu moitas gaitas, que regalou a soldados galegos. Posteriormente foi trasladado a Barcelona e logo a Madrid en 1944, onde colaborou coa agrupación artística Rosalía de Castro e, en 1949, editou en Madrid un disco completo, intitulado Gravaciones históricas de zanfona. Tamén escribiu o primeiro libro español sobre este instrumento, La zanfona (1956), que está baseado no método francés de Michel Corrette (1738) e mesmo inclúe algunhas das súas ilustracións. Colaborou tamén en periódicos e revistas como Finisterre, Revista de Galicia, Faro de Vigo, etc. Foi importante tamén a conferencia que deu en Santiago en 1952 con motivo da inauguración do Pazo de Xelmírez e no recital-homenaxe a Ramón Menéndez Pidal, en 1954, no que deu a coñecer o Romance de don Gaifeiros de Mormaltán. Co apoio da Deputación de Lugo, fundou nesa cidade un Taller-Escola de Instrumentos Galegos en 1951, grazas ao patrocinio del empresario Antonio Fernández López. Nela contou coa axuda do gaiteiro Paulino Pérez e formou artesáns para que a tradición da zanfona non se perdese. Ao ano seguinte grasvou catro discos, que posteriormente reeditou e refundiu nun único traballo chamado Faustino Santalices. Dende principios dos anos 90 ten unha rúa dedicada en Pontevedra. Artigo de Antón Seoane, membro de Milladoiro