У нас вы можете посмотреть бесплатно XOTA PARA MEU PAI (3) partitura или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
De Xurxo Jachía Hoxe preguntaba meu pai de parte de alleos algo contrariado, pois non entendía o preguntador o por qué de ir cangando videos para todo los públicos de balde, digo, sen cobrar un pataco. A resposta non era tan doada dada a capacidade empática de alleos ante tales fazañas, e de certo somos mais dados a agochar os segredos que en troques deberan ser espallados, e penso que con esta resposta debera ficar respostado, pero sego respostando para os menos enterados. Un amigo de Melide contábame un día un conto do que agora comparto, pois un dos gaiteiros de tal vila nado acreditaba fachendoso que cando non estivera morrería con el o que toda a súa vida levaba espallando, pero sen amosar os segredos dos seus dedos máxicos. As súas razóns tería, pero se levaba con el os segredos fantásticos de nada tería servido ter tocado tanto para un día enterralo. En esto me baso. En todo caso non montei unha tenda online onde manter a coste o gando e todo canto amoso antes a min mo amosaron; debo lembrar que o meu Mestre nunca cobrou un pataco, nin polas actividades no grupo nin por ensinarnos. Nunca poderei recompensarllo, mais a conta dos lembros da súa ensinanza amoso o que sei para que todos aprendan o que levo aprendido perante 40 anos. A D. Juan Troncoso Piñeiro lle debo o que agora cango, e a música tradicional pola que nunca pago un pataco. Como vou a cobralo?? Sería certamente ingrato. O que sei o agasallo. Pero ten publicidade a tua canle, respostaba meu pai, como dixen antes, contrariado. Certo, ten publicidade a miña canle; levo aturado a varios achegados dende hai anos para que non sexa parvo, pois tal como acredita meu pai, tampouco entenden moi ben que non faga cando todos fan coas súas canles algo de cartos. Todo hai que decilo, pois no mesmo intre que lle din paso a ganancia por propaganda fíxen me socio da Asociación Española Contra o Cancro e o que podo sacar en publicidade o invirto na axuda de uns cuantos, asi de claro. Entón... qué lle sacas a tanto traballo??? E bulía erre que erre meu pai preguntando. Satisfacción e mañas, amigos e circunstancias, respeto e gaiteiros a punta pala. Eso é o que saco. Paréceche pouco? Pois vale mais que os cartos. Ficou entón meu pai respostado, se ben non sei se ficou menos contrariado. Saco de todo, certo, menos cartos. Non me fan falta na miña riqueza acumular tantos cartos pero asulago un camiño feito en esta vida ao meu paso, co meu ritmo, paso a paso, con acougo pero sen descanso. Eche para min un gustazo. Ficou respostado? Deixo de balde entón a "Xota para meu Pai", xa de paso, e cando vos amoledes coa publicidade que sae no video saberedes que os céntimos que aporta o tinglado irán de seguro para bo lado.