У нас вы можете посмотреть бесплатно Dez persoas detidas nunha operación contra o tráfico de drogas или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
PONTEVEDRA. Operación contra o tráfico de drogas en Poio. Trátase dunha intervención conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional en diferentes puntos de Galicia. Na provincia de Pontevedra, os axentes realizaron varios rexistros en Mos, Campelo, Lourido e Marcón. Hai polo menos 10 persoas detidas. Operación antidroga da Garda Civil e da Policía Nacional. A intervención levouse a cabo en diferentes puntos de Galicia. Na provincia, a operación centrouse en Mos, Campelo, Lourido e Pontevedra. Os axentes rexistraron varias vivendas vinculadas ao clan dos Ferrados, anteriormente coñecidos como os Butaneros. Os rexistros leváronse a cabo nestas dúas vivendas de Campelo e nesta outra de Lourido. No Concello de Pontevedra, e ao longo da tarde, os axentes desprazáronse ata este taller de despezamento de Marcón. A operación estivo liderada polo Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga da Garda Civil e a unidade de delincuencia e crime organizado da Policía Nacional. Nos rexistros contaron co apoio de unidades caninas de ambos corpos, dun helicóptero e da Policía Local de Poio. Na intervención realizáronse polo menos 12 rexistros e 10 detencións. Dúas en Pontevedra, unha en Poio, unha en Mos, outra en Ourense e unha última en Ponferrada. Pontevedra, Poio, operación, antidroga, Garda Civil, Policía Nacional, Os Ferrados,