У нас вы можете посмотреть бесплатно #Referentes или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A cantora e compositora, Ugía Pedreira e o dramaturgo e contador Quico Cadaval, protagonizan este episodio de #Referentes. Desde os inicios das súas respectivas carreiras –un tema sempre presente nas conversas de Referentes–, ata como viven a situación actual a nivel persoal e profesional, pasando por anécdotas familiares, salientando a influenza feminina, centran a conversa deste programa. Ao longo da conversa van abordando como a contorna das súas infancias e xuventude foi influíndo na súa educación social e persoal, a visión do mundo que iso lles achegou; ou como é a súa relación co público dependendo dos diferentes formatos de espectáculo, ou como se preparan a nivel persoal para actuar no eido da música e das artes escénicas. Ambos contestan, ademais, á pregunta que os ‘referentes’ do anterior episodio –María Reimóndez e Oliver Laxe-, lles deixaron formulada: dunha banda “que conten algunha experiencia que tivesen na colectividade e que experimentasen como algo transformador”, e por outra “que indiquen que lles falta para ser máis coherentes ou estar máis conectados cos seus corazóns”.