У нас вы можете посмотреть бесплатно As miradas de Isaac (2020) | Videoinstalación de Cecilia Díaz Betz e Jordi Cussó или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A exposición conmemorativa do centenario do nacemento do artista, intelectual e humanista galego, Isaac Díaz Pardo (1920-2020), ‘As miradas de Isaac’, conta cun espazo central vertebrador do resto das seccións, no que se proxecta esta peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó. Unha videoinstalación envolvente creada a partir de materiais de arquivo na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma radicalmente diferente de reivindicar e lembrar a figura de Díaz Pardo, máis acorde coa súa propia visión vangardista, na que se quere revivir o seu universo e o seu espírito sempre aberto, tanxencial e polifacético. CRÉDITOS: 'As miradas de Isaac', 2020 Idea orixinal e dirección: Cecilia Díaz Betz Editor e co-director: Jordi Cussó Son: Unai Lazcano Vídeo HD - 26’ 43” Transcrición de audio orixinal subtitulada Videoinstalación dixital a tres pantallas creada a partir de materiais de arquivo AGRADECEMENTOS || Prestadores de material audiovisual CRTVG RTVE Luis Walter Muñoz Fontenla Xosé Abad CGAI Filmoteca Española Xosé Díaz Arias Camilo Díaz Arias Marcos Cenamor Fandiño [OBSERVACIÓN: Os subtítulos da peza audiovisual están transcritos literalmente segundo o xeito de falar de Díaz Pardo, que non se subscribía á normativa lingüística]