У нас вы можете посмотреть бесплатно Uxía García Luis en «De 0 a 100»: «Cada misión espacial é un novo reto para min» или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A primeira doutorada no campus de Ourense en Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, tamén investigadora especializada en avaliar a resistencia dos materiais que se poñen en órbita, volveu ao IES O Couto da man do programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación -- Estreou unha titulación en Galicia e hoxe, cando aínda non pasaron dez anos daquel encontro en primeiro curso coa Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, Uxía García Luis, xa ten experiencia na investigación da resistencia dos materiais que compoñen diferentes plataformas que se envían ao espazo. De feito na súa tese, grazas á cal se converteu na primeira doutora desta titulación no campus de Ourense da Universidade de Vigo, Uxía analiza como as temperaturas poden afectar aos telescopios espaciais identificando fontes de degradción. «A pesares de formar parte da primeira promoción, e despois de ter contacto con moitos profesionais, non notei que estivese peor preparada que o resto», comentou sobre a súa escolla. E é que García Luis, despois de estudar no IES O Couto da cidade das Burgas, escolleu como apaixoada da ciencia esta disciplina, coa sorte de non ter que moverse da casa. Da súa experiencia faloulles no programa De 0 a 100 que La Voz realiza coa Consellería de Educación, a alumnas e alumnos de bacharelato do que foi o seu instituto, animándoos a achegarse ao espazo, xa que os grupos que investigan neste eido están compostos de equipos multidisciplinares. Así é a súa experiencia no grupo de investigación AeroSpaceTech no centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación atlanTTic da UVigo. «Pode interesarche máis a bioloxía ou a informática, pero cando xurde a necesidade de poñer en órbita unha plataforma coma un satélite, precísase traballar en equipo», sinala. «Os lanzamentos prodúcense porque hai unha necesidade de investigación, pode ser fixarse en galaxias lonxanas ou dar cobertura de satélite GPS nun territorio. A partir desa necesidade nace un proxecto e uns profesionais que conxuntamente buscan unha solución», detalla. «O que máis me gusta do meu traballo é que na enormidade do espazo non ten nada que ver un satélite que opera a baixa altura na Terra con ir a outros planetas e aterrar para inspeccionar, cada misión espacial é un novo reto para min». Uxía, tamén profesora na facultade onde se formou, pode presumir hoxe de que investigacións súas permitíronlle achegarse á Axencia Espacial Europea e innovacións aplicadas ás ópticas dos satélite xa están incorporadas no Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), centro de referencia a nivel europeo en observación astronómica.