У нас вы можете посмотреть бесплатно COMPOSTELA MANIFESTACION ALTRI 15 12 2024 + LEXTURA COMUNICADO или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Veciñanza 1 – ALTRI 0 Compostela, 16 de decembro do 2024 – Este domingo xogábase un partido importante, no se decidía nada pero marcaba a fortaleza de cada contrincante e a veciñanza gañou a ALTRI. Sabíase xa que os árbitros estaban moi a favor de ALTRI. A presión e desprezo antes as alegacións, traballos documentados, reunións e posicionamentos da veciñanza fora permanente nos últimos meses. Pero os galegos cando xogan este tipo de partidos son como eses boxeadores que van encaixando golpe tras golpe ata que se fartan. Só eles deciden cando se fartan e ese punto pasou xa hai semanas. Foran 40.000, segundo a policía local, ou 100.000, segundo os organizadores, a manifestación da veciñanza contra ALTRI foi un éxito. Non foi casualidade que pouco despois de ler o comunicado nunha praza do Obradoiro ateigada, chegara aos correos dos xornalistas un comunicado da pasteira. “Lamentamos que una parte de la sociedad tenga una percepción negativa del proyecto GAMA. Se trata de un proyecto que ha sido diseñado con los más altos criterios de sostenibilidad, circularidad y respeto al medio ambiente, marcados por la normativa europea”. ALTRI olvidouse, a saber porque, de dicir que despois do visto en Compostela esa “parte da sociedade” é maioritaria. O saben de sobras porque cando comezaron coas reunións cos veciños tiveron que paralas botándolle a culpa a “axitadores”, a realidade é que as respostas que daban non convencían. Declaracións e comunicado Antes de comezar a marcha os representantes das plataformas Ulloa Viva e Defensa da Ría de Arousa explicaban aos medios os motivos da manifestacións e deixaban claro que a postura da veciñanza non ía cambiar. Xa no Obradoiro líase un comunicado que ampliaba estas explicacións, por si a algún despistados non lle quedara clara a opinión da veciñanza despois de 25.000 alegacións. As cuestións legais do proxecto de ALTRI teñen eivas importantes como demostran, con datos, esas 25.000 alegacións ou o informe que Ramón Varela Díaz presentaba a pasada semana. Máis alá diso está a decisión da veciñanza. Aínda que a pasteira fora un modelo sostible a decisión última é da xente que vive alí; a auga, a terra, perténcelles. Si deciden que o seu modelo produtivo é baseado no sector primario e no turismo haberá que apoialos e incentivalos, os tempos de “todo para el pueblo pero sin el pueblo” quedaron xa moi lonxe. #ALTRI #Compostela #manifestación #medioambiente