У нас вы можете посмотреть бесплатно Feijóo enxalza a capacidade do Hospital Público Lucus Augusti no seu X aniversario или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a capacidade do Hospital Público Lucus Augusti no seu X aniversario e anunciou a instalación dun novo equipo de tomografía de última xeración coñecido como PET para o diagnóstico por imaxe de tumores e patoloxías neurodexenerativas, ampliando, deste xeito, os servizos de medicina nuclear. Durante o acto de celebración do aniversario, Feijóo aseverou que coa posta en funcionamento do HULA resolveuse unha débeda pendente que o Goberno galego tiña coa provincia en materia sanitaria. Así, ao longo destes anos púxose en marcha: o servizo de hemodinámica as 24 horas do día, o servizo de radioterapia, o servizo de medicina nuclear, unha sala de electrofisioloxía cardíaca e mudouse a ubicación de rehabilitación cardíaca, co obxectivo de tratar a máis pacientes. “E recentemente melloramos o hospital de día de Onco-Hematoloxía, para implantar unha sala de tratamento con 12 postos”, engadiu, subliñando que isto permitirá acurtar o tempo e incrementar a confortabilidade de máis de 1.500 pacientes que se someten a tratamento de ciclos oncolóxicos. Logo de garantir o compromiso da Xunta cun complexo hospitalario innovador, moderno, equipado e humanizado, o titular do Executivo galego lembrou que o Lucus Agusti amosou a súa fortaleza na pandemia, reflectido na labor de todos os profesionais que traballan nel. Ao longo da súa intervención, Feijóo resaltou a aposta da Administración autonómica co proceso de renovación integral do Servizo Galego de Saúde, reflectido tamén en toda a provincia lucense, no Hospital da Mariña, onde se acaban de licitar os proxectos das seguintes fases de ampliación e renovación; ou no Hospital de Monforte, no que xa se está a traballar na obra do hospital de día oncohematolóxico, o primeiro paso dun plan director dotado con 15 millóns, que continuará coa reforma das áreas de hospitalización. Así mesmo, e no eido da Atención Primaria, destacou o compromiso con novas infraestruturas, como: o Centro Integral de Saúde de Lugo cuxas obras rematarán a finais de ano que incorporará unidades de saúde mental, a base do 061 ou un PAC; o Centro de Saúde de O Saviñao, que estará rematado este semestre; ou o Centro de Saúde de Antas de Ulla, cuxo proxecto se licitará neste mes de maio.