У нас вы можете посмотреть бесплатно Bágoa de Raíña - Foliada de Andrea (Muxicas) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A min, que tiven a oportunidade de escoitar e ver en directo ao mellor grupo folc galego de tódolos tempos, Muxicas por se hai que dicilo, non deixa de parecerme un grande atrevemento facer un arranxo de calquera das súas pezas. Pois, bendita xuventude, osamos facer una versión da Foliada de Andrea. O orixinal desta peza publicárase no 1986 no dobre album Muxicas e compuxérana Xose Manuel Fernández Costas, para min a mente máis lúcida do panorama da música folclórica e folc do País dende aquela e aínda non igualada, e Nazario González Iglesias. O caso é que quedou esta cousa que Bágoa de Raíña tocamos, naquela época con bastante éxito. Das pezas alleas ao entorno ortegán era sen dúbida a máis valorada. Aí queda… e sexan benevolentes, por favor. Bágoa de Raíña eramos naquel Nadal do 1995: J.M. Álvarez Marías - Baixo Elixio César Silvent - Guitarra Alfonso Cheda - Gaita, pito galego e frautas Xaime García – Frauta traveseira Rodrigo López - Gaita Fredi Loureiro – Bombo César Yáñez – Percusión, frauta e laúde