У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 128 "O Freixo" - TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Alalá nº 128 "O Freixo" Emisión en Televisión de Galicia: 15/12/2009 O mestre dos mestres: O Freixo, toda unha vida nos dedos. Oitenta anos tocando a gaita. En Alalá vivimos moitas veces historias sorprendentes, emocionantes, tenras e duras. A de hoxe é unha mistura de todos estes ingredientes. O protagonista desta noite é O Freixo, natural desta parroquia do concello das Pontes. Un home forte, un supervivente que soubo facer fronte a tódalas traxedias da vida. O mestre gaiteiro ten 91 anos e tivo que superar a morte do seu pai -ardido na casa-; que o seu fillo Abel se matara dun disparo; loitou na Guerra Civil; traballou na mina e hai cinco anos enviudou. El apandou con estes reveses e vive a vida con ilusión e unha alegría envexable. Cando era un neno empezou a facer as súas propias frautas de bieteiro e empezou a tocar a gaita; daquela cada un aprendía como podía e O Freixo, metíase debaixo do palco da música para que lle quedara a melodía na cabeza. ¡Imaxinen cantos milleiros de melodías ten tocado! xa que a música non a abandonou nunca! Hoxe vémolo rodeado de xente nova que o admira e lle quere. Con eles vai tocar alá onde o reclamen e deixa pasmado a calquera porque calquera venres de foliada pode chegar á casa ás tres ou catro da mañán. Eso de que ninguén é profeta na súa terra ten os seus matices. Freixo é profeta na súa terra: nas Pontes. Hai dous anos fixeronlle unha homenaxe na que se reflexaba o agarimo co que os Ponteses miran ó seu mestre. Os seus 91 anos confesa que é un pouco pillabán e porque non ¡segue a mirar para as mulleres porque son bonitas! Por si todo isto fose pouco, a súa familia está orgullosísima de telo, de vela ilusión que lle pon a todo, de seguir rindo co seu grande sentido do humor, con esa retranca fina. O Freixo é un gaiteiro elegante con todas as da lei, soubo enternecernos, facernos rir, emocionarnos e o que non conseguimos foi que nos dera o segredo para estar así á súa idade.