У нас вы можете посмотреть бесплатно Os Trazos de Risco (Cap.2) - A figura de Vicente Risco - Valentín García e Celia Pereira или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira, protagonizan o segundo capítulo de Os Trazos de Risco, a serie producida e realizada por Nós Televisión, para conmemorar o 140 aniversario do nacemento do que foi o autor máis complexo, filosófico e fondo da Xeración Nós. Nesta conversa, Valentín García e Celia Pereira abordan a figura de Risco desde toda a súa complexidade. O que nos queda por coñecer del, o que aportou á cultura galega, o Vicente Risco da posguerra ou canto lle debe Galicia a Vicente Risco son algunhas das cuestións das que se fala nesta conversa gravada no Teatro Principal de Ourense. A serie os Trazos de Risco conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingúística da Xunta, da Deputación de Ourense e da Fundación Vicente Risco, e está formada por 5 capítulos. Bieito Iglesias e Serxio María Rodríguez Álvarez; Isabel Risco e Luís Martínez Risco; Castor Castro Vicente e Afonso Vázquez-Monxardín; e Iria-Friné Rivera Vázquez e Patricia Arias Chachero protagonizan as outras conversas da serie, enfocadas no pensamento de Vicente Risco, no seu lado máis familiar, na súa espiritualidade e na súa arte. #VicenteRisco #OstrazosdeRisco #Nacionalismogalego #XeraciónNós #Galego #Galicia #Galiza