У нас вы можете посмотреть бесплатно Os Trazos de Risco (Cap. 3) - Vicente Risco e a política - Bieito Iglesias e Serxio María Rodríguez или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O escritor Bieito Iglesias e o historiador Serxio María Rodríguez Álvarez protagonizan o terceiro capítulo da serie Os Trazos de Risco, producida e realizada por Nós Televisión para conmemorar o 140 aniversario do nacemento deste autor. Nesta conversa, Iglesias e Rodríguez Álvarez abordan a figura de Risco desde o punto de vista da política e do seu pensamento. A súa coherencia e evolución teórica e vital, a importancia deste pensador para o nacionalismo, as súas posturas máis polémicas e o debate sobre a súa posición no franquismo son abordados neste programa gravado no Teatro Principal de Ourense. Feita co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingúística da Xunta, da Deputación de Ourense e da Fundación Vicente Risco, os Trazos de Risco está formada por 5 capítulos. Isabel Risco e Luís Martínez Risco; Castor Castro Vicente e Afonso Vázquez-Monxardín; Valentín García e Celia Pereira; e Patricia Arias Chachero e Iria-Friné Rivera Vázquez son as outras parellas que protagonizan as demais conversas, enfocadas no lado máis familiar e biográfico de Vicente Risco, na súa espiritualidade, na súa figura desde o punto de vista institucional e na súa arte.