У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 45 "Cantiga en Cervantes"- TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
ALALA nº 45- A Cántiga nos Ancares - TVG Emisión: 3 de Abril de 2007 O segundo Alalá sobre os Ancares e o concello de Cervantes está adicado á cántiga nesta zona montañosa de Galicia, limítrofe con Asturias e León. A influencia asturiana no xeito de cantar é notable, así, en lugares como Degrada e outros pobos de Cervantes cultívase a asturianada, xénero que se incorporou o repertorio local a través dos galegos que ían traballar ás minas en Asturias dende hai varias xeneracións e por proximidade xeográfica. A asturianada non só se manifestou a través de cancións traídas das minas senon que chegou, dalgún xeito, a impregnar o xeito de cantar local das melodías tradicionais. Así, neste programa, a través de Suso Carrero, de Degrada, ou de Xosé Rodríguez, de Vilar de Donís, escoitaremos cántigas impregnadas dun virtuosismo vocal e dunha potencia propias das asturianada e moi diferenciadas doutras partes de Galicia. Xunto a asturianada, nos Ancares, polo seu aillamento, tamén é posible atopar outros xéneros arcaicos como os romances. Mercedes Capón, de Os Prados, nos ofrecerá un exemplo precioso de romance. Éste programa, como os outros grabados nos Ancares, está basado nas investigacións do folclorista Juanjo Fernández, que divide as cántigas en dous grandes grupos, as narrativas e as bailables, as primeiras teñen por finalidade contar unha historia, as segundas, acompaña-lo baile.