У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 60 "José Marentes" - TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
ALALÁ nº 60 - José Marentes Emisión en Televisión de Galicia: 8 de xaneiro de 2008 -José Marentes é un gaiteiro moi técnico. Fai picados de verdade coa gaita. Pablo Carpintero di que ninguén en Galicia os fai coma él. Moitas pausas nas cacións que requiren un manexo perfecto do tempero para silencia-la gaita e volver arrancar. Para José Marentes a afinación da gaita é fundamental, non entende como pode haber gaiteiros que poden tocar sen ter a gaita perfectamente afinada. Toca en pechado e rexeita o aberto, di que non é xeito de tocar cos dedos levantados. Gaiteiro a xeito dunha escola de occidente asturias e oriente galego. Con moita improvisación. Tiñan na cabeza catro ou cinco partes dunha canción que soltaban segundo crían oportuno. Non estructuraban a canción totalmente e añadían xiros en distintas partes. Unha improvisación tipo Jazz, por iso na Fonsagrada os gaiteiros eran solistas que tocaban con cuarteto tradicional ou simplemente acompañados de caixa e bombo. Proba de que Marentes é un dos últimos desa estirpe de músicos é o feito de que “as notas sáen de dentro”. Pode tocar dúas veces a mesma canción e non soar igual, porque adorna nun punto ou noutro segundo lle conveña. Marentes é moi humilde. Cando se lle pregunta que tal toca a gaita di que “toca un pouco” ou “algo vou tocando”, pero é un gaitiero extraordinario. E humilde non só con respecto á gaita senón á súa vida. Di que él non fixo o que fixeron outros homes, nin conseguiu moito, porque a vida de labrego non dá, pero que ten algo moi importante. A honra. Considérase humilde, pero moi honrado. Non é como outros gaiteiros no sentido que di que si lle quitan a gaita non pasa nada e que hai outras cousas máis importantes que a gaita. Anque logo a muller di por detrás que prefire a gaita antes que ela e el sempre a corrixe.