У нас вы можете посмотреть бесплатно #Referentes10 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A escritora, tradutora e activista María Reimóndez, e o cineasta e tamén activista Óliver Laxe, protagonizan o décimo episodio de Referentes, a serie de conversas entre persoas da cultura galega promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña. O activismo de dous xeitos diferentes, dunha banda desde a volta ao rural e doutra desde a cooperación ao desenvolvmento, centran boa parte da conversa entre os protagonistas do novo episodio. Os referentes familiares e a identidade cultural, a emigración, o individualismo e a colectividade, son outros dos temas que van aparecendo ao longo do encontro. Así, María Reimóndez e Óliver Laxe contrastan as súas respectivas visións sobre a sociedade actual e o seu papel activo para mudar comportamentos, visións coincidentes en moitos aspectos, mais non en todos. Ambos contestan, ademais, á pregunta que os ‘referentes’ do anterior episodio –Pepe Solla e Manuel Gago-, lles deixaron formuladas e amosan cadanseu obxecto que consideran especial e a relación que ten coa súa vida e coa súa obra.