У нас вы можете посмотреть бесплатно Fisterra или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Vistas do Cabo Fisterra, Monte Pindo, a ría, o pobo e as praias de Mar de Fóra e Langosteira. Pola estrada que leva ao faro, a uns 300m. antes de chegar, hai unha subida á dereita que nos leva a un alto do Monte Facho onde se atopan os restos da ermida de San Guillermo, un dos xacementos de maior importancia e interese tanto pola súa significación mitolóxica como polo lugar onde se atopa. Foi construída no S.VII e destruída pola igrexa no S.XVIII. San Guillermo foi un dos enclaves escollidos na Idade Media como meta de peregrinos do Camiño Xacobeo. No 1745, O padre Sarmiento escribiu "Non fai moito tempo había unha pila ou cama de pedra na que se deitaban marido e muller, que por estériles, recurrían ó Santo e a aquela ermida" Nesta parte do noroeste peninsular sempre houbo culto ás pedras e non só pola variedade de formas senon por ser para os antigos pobos celtas o fin da terra coñecida. Aquí na ermida de San Guillermo practicábanse cultos pagáns asociados ó Ara Solis (culto ó sol), aínda hoxe hai rúas no pobo con este nome de Ara Solis. Tamén se facían ritos de fecundidade atribuídos á pedra fertilizante coñecida como "a cama do santo". Segundo a tradición, na pedra horizontal que se ve no vídeo, durmían as parellas estériles para concebir fillos, de aquí ben o dito "pasar a muller pola pedra" Co cristianismo, o altar á fecundidae mandouse destruir. A lenda fala da existencia dun ermitaño neste lugar.