У нас вы можете посмотреть бесплатно Compañeiro Daniel (Suso Vaamonde) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Hoxe, para conmemorar o 130 aniversario do nascemento de ADR Castelao escollimos subir este mítico poema de Darío X. Cabana titulado "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao" e musicado por Suso Vaamonde no seu disco "Nin rosmar un laído" (1977) (Imaxe de @Goat_Galiza) ⚠️No vídeo hai un erro no último verso da primeira estrofe (con mão á = coma unha*) LETRA Compañeiro Daniel de vida innumerable como os astros do ceo i os camiños do mar na tenebrosa noite da patria inhabitable témoste no recordo coma unha luz alba. A ti falo Daniel morto lonxe da terra es noso i a túa luz alumea a escuridá que nos deixou a historia de tres anos de guerra en que os lobos mataron a luz e libertá. Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban i enloitaron cunetas con sangue loitador as pistolas sonaban i os bandidos berraban a terrible victoria do odio e do terror. E ti fúcheste lonxe predicar no deserto pra erguerdes un exército que endexamais loitou e morriches un día sin veres entreaberto o camiño da volta que a túa alma soñou. Pro na Patria abatida e do pobo explotado nacimos nós os fillos da morte e do tristén percurando furiosos vinganza e novo Estado i unha roxa alborada sin cabo nin comén. I a ti bo compañeiro que o furacán aleive matou desesperado na outra banda do mar Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe pra enterrar los teus ósos onde teñen que estar.