У нас вы можете посмотреть бесплатно Toccata und Fuge in d-Moll - Johann Sebastian Bach - Arundo Donax Ensemble или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Esta obra de Bach (Tocata e fuga en re menor, BWV 565) é unha das pezas mais coñecidas do autor e de maior relevancia no repertorio organístico de todos os tempos. Sendo unha das obras mais versionadas, transcritas para outras organoloxías e utilizadas en múltiples contextos, o Arundo Donax Ensemble programa esta música para mostrar a analoxía dos instrumentos de vento madeira co órgano, mostrando a través das diversas tímbricas o paralelismo dos rexistros do teclado de tubos. A primeira parte ou «Toccata» é unha sección de carácter improvisatorio, onde se mostra o virtuosismo e se intenta desafiar a capacidade técnica na interpretación. A segunda parte ou «Fuge» preséntase dun xeito mais racional, onde a técnica do compositor é manifestada a través da polifonía que desenvolve o seu discurso servíndose dos rexistros ou timbres da agrupación de vento madeira. Arundo Donax Ensemble pechou o XVIII Certame Galego de Bandas de Música, un evento desenvolvido grazas ao apoio da Xunta de Galicia, do Concello de Pontevedra e da Deputación de Pontevedra. ℹ️ Arundo Donax Ensemble Arundo Donax Ensemble é unha formación profesional de vento madeira que aposta por unha música de cámara rigorosa, versátil e en constante evolución. Reúne a 22 músicos nun modelo de traballo colaborativo que favorece a excelencia interpretativa e a creación dun son colectivo propio, baixo a dirección musical de David Fiuza. A súa actividade abrangue concertos, pequenos ciclos e proxectos divulgativos que difunden un repertorio variado —do clásico ao contemporáneo— acompañado de arranxos e creacións actuais elaboradas para a agrupación. Co seu amplo instrumentarium, Arundo Donax Ensemble contribúe activamente á vida musical da provincia e inspira ás novas xeracións a través da colaboración entre institucións, conservatorios e bandas. 👇👇 SOCIAL Arundo Donax Ensemble: Instagram ➤ / ensemblearundodonax Facebook ➤ https://www.facebook.com/profile.php?... 👇👇SOCIAL Federación: Web ➤ https://www.bandas.gal Instagram ➤ / fgbmp Facebook ➤ / fgbmp