У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 43 "Ultreia" - TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
ALALÁ Nº 43: Ultreia EMISIÓN TVG: 20 de marzo de 2007 Neste Alalá o espectador vai aprender moitas cousas que seguramente descoñecía da historia do folclore galego: instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín; a vistosidade dos traxes de garda e de cotío, os bailes das distintas provincias e as formacións musicais propias de cada época, desde o gaiteiro que tocaba só á murga. Nisto consiste o concerto didáctico que Ultreia leva varios anos representando para os rapaces das escolas, para achegarlles a inmensa riqueza do folclore galego. O Obradoiro de cultura tradicional Ultreia, un dos grupos máis destacados na investigación e na escenificación do folclore galego, naceu hai catorce anos e desde entón é un dos grupos máis aplaudidos tanto polo seu labor de investigación como pola espectacular posta en escena. O programa permitirá coñecer ós seus compoñentes, xente nova pero con moita veteranía no mundo do folclore. Son estudantes, amas de casa, perruqueiros, artesáns, doutores en ciencias, nais e pais, que se senten na súa salsa, tanto nos ensaios como nas recollidas que fan polas diferentes aldeas de Galicia na procura dos segredos musicais dos máis vellos. O tempo que lle dedican a Ultreia róubanllo á familia, ós amigos e ós traballos, pero basta con ver o que disfrutan tocando e bailando para entender que lles paga a pena. Toda a forza, a alegría e a cor de Ultreia estarán sobre o escenario deste concerto didáctico, co que os espectadores de Alalá han aprender e disfrutar tanto como os nenos ós que vai dirixido o espectáculo.