У нас вы можете посмотреть бесплатно 🍁Un paseo máxico pola fraga: carballos, castiñeiros e acivros no outono или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Por tódolos Santos, cando o outono xa vai avanzado, as fragas galegas amosan un dos seus momentos máis fermosos. Un paseo por unha fraga de carballos, castiñeiros e acivros convértese nunha experiencia sensorial completa, na que o silencio, a luz e o arrecendo da terra mollada se mesturan co rumor das follas caídas. O camiño discorre entre carreiros cubertos de musgo e fentos, que aproveitan a humidade para espallarse por cada recuncho. Os carballos, coas súas pólas retortas e a cortiza escura, conviven cos castiñeiros, que por estas datas deixan caer os ourizos cheos de castañas, un dos froitos máis tradicionais do outono galego. Entre eles, os acivros engaden notas de cor co seu verde brillante que pronto complementará co bermello das súas boliñas, símbolos de vida e protección durante o inverno. Estas fragas, tan características do interior galego, son ecosistemas de gran valor ecolóxico. Albergan multitude de especies de plantas, fungos e pequenos animais, e actúan como auténticos pulmóns naturais. Percorrer unha destas fragas non é só un pracer para os sentidos, senón tamén unha forma de coñecer e valorar o patrimonio natural que temos tan preto. Imaxe: APBVigo Música: APBVigo Son: ambiente Canal principal: / @apbvigo #galicia #apbvigo #paisaxe #paisaje #landscape