У нас вы можете посмотреть бесплатно OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA 🎼 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Documental Biográfico sobre o lexendario grupo "Os Campaneiros de Vilagarcía". Foi un cuarteto de gaitas de música tradicional galega formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984. Os irmáns Xosé e Ramón Valiñas Oubiña, do Sisto (Vilagarcía de Arousa), actuaron por vez primeira baixo o nome de Os Campaneiros no ano 1926. O alcume víñalles por un bisavó fabricante de campás. Varios percusionistas actuaron cos irmáns ao longo da dilatada carreira do grupo, pero son coñecidos sobre todo os tamén irmáns José e Celestino, fillos de Pallamallada, un coñecido gaiteiro da comarca arousana. No ano 1983 a súa aldea natal fíxolles unha homenaxe popular, na que actuaron Milladoiro, Fuxan os Ventos, Airiños do Parque de Castrelos, Os Rosales. No ano 1984, na Festa do Marisco no Grove, o grupo actuou por derradeira vez, obrigados polo estado de saúde de Ramón. O grupo foi moi prolífico: deixaron editado un disco e varias gravacións caseiras que van saíndo á luz en edicións modernas. Achegaron tamén unha gran cantidade de pezas da súa autoría ao repertorio galego para gaita. Do seu estilo interpretativo hai que destacar a súa particular maneira de entender a percusión dentro da formación tradicional do cuarteto de gaitas. No Allo